InicioSucesosLocalizan no medio dun mato á octoxenaria que se perdera o domingo...

Localizan no medio dun mato á octoxenaria que se perdera o domingo apañando castañas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias localizaron en bo estado na mañá deste luns á octoxenaria que permanecía desaparecida en Guitiriz  desde o domingo, cando saíu a buscar castañas e non regresou ao seu domicilio.En concreto, segundo a información do CIAE 112-Galicia, eran pouco antes das 10,00 horas cando os membros do operativo organizado para a súa procura atoparon á muller nunha matogueira con apenas algunhas feridas leves.

grupo de drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) participou na procura da muller desaparecida desde este domingo cando colleitaba castañas no monte no municipio de Guitiriz. Segundo informou o 112, tras recibir a alerta da familia, activouse un operativo encabezado polos axentes da Garda Civil, que pediron o apoio doutros grupos de emerxencias, entre eles, o grupo de drones da Axencia Galega de Emerxencias.

Así, os técnicos da Axega incorporáronse durante a madrugada a este operativo de procura, centrado entre as aldeas de Lea e Poceiras, onde viron por última vez á muller que collía castañas.

Eran as 19,00 horas deste domingo 18 de outubro cando perderon o rastro da muller e, un par de horas despois, a familia contactou co 112 Galicia para solicitar axuda. A octoxenaria sofre diversos problemas de saúde e usa habitualmente bastón.

A partir da chamada dos familiares a través do 112 Galicia, activouse un operativo coa Garda Civil á cabeza e ao que se uniron os voluntarios de Protección Civil de Guitiriz, os membros do GES de Curtis e os técnicos e cans de rescate de Casaga de Ferrol. Tamén colaboran técnicos da Axega mediante o uso de drones.

A previsión é que se incorporen máis agrupacións de voluntarios da zona nas próximas horas, indicou o servizo de emerxencias.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...