InicioSociedadeDenunciados tras participar nunha festa dez adultos e seis nenos

Denunciados tras participar nunha festa dez adultos e seis nenos

PUBLICADA O

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron aos organizadores dunha festa de aniversario que se estaba celebrando nun piso da cidade e na que participaban dez adultos e seis nenos, todos eles sen máscara.
Ademais, moitas das persoas que estaban a participar na festa non convivían na mesma casa. Entre as medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para evitar contaxios de coronavirus na cidade de Lugo, figura a limitación de celebracións familiares ou sociais a un máximo de dez persoas, excepto no caso de individuos que convivan nunha mesma casa.
Por iso, os axentes, que acudiron á vivenda por mor das queixas doutros veciños -a través do teléfono 092- polas molestias que estaba a producir a festa, cursaron a correspondente denuncia por unha infracción da Lei de Saúde de Galicia. Sucedeu sobre as 21:20 horas do pasado mércores -30 de setembro- nunha vivenda da Rúa do Miño.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...