InicioTerra CháVilalbaDetidas catro persoas en Lugo por vender no mercadillo de Frigsa cestos...

Detidas catro persoas en Lugo por vender no mercadillo de Frigsa cestos artesanais roubados

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a tres homes e unha muller, todos eles veciños da capital provincial e con antecedentes, como autores dun delito de receptación por pór á venda cestos artesanais que foran previamente roubados.

Os feitos foron postos en coñecemento das forzas de seguridade por unha muller que viu nun posto do mercadillo de Frigsa un total de 36 cestos que lle pareceron da propiedade dun home do que, segundo tiña constancia, fora vítima dun delito de roubo con forza no seu domicilio.

Segundo relata a Policía Nacional, a muller realizou unhas comprobacións para verificar que se trataba dos artigos artesanais que foran subtraídos e, unha vez ratificado, dirixiuse aos vendedores para advertirlles da súa procedencia ilícita.

Tras fotografar tanto aos cestos como aos vendedores, estes “comezaron a ameazala” e marcháronse do lugar, de modo que xa non estaban presentes no momento en que se personou a dotación de Radiopatrullas da Policía Nacional.

No entanto, si se puido proceder á intervención dos cestos e, tras realizar as comprobacións necesarias, os axentes constataron a súa procedencia ilícita e entregáronos ao seu lexítimo propietario. Finalizadas as investigacións, os catro supostos responsables dos feitos foron detidos por un delito de receptación e foron postos en liberdade tras a súa toma de declaración en dependencias policiais.

ÚLTIMAS

Aviso amarelo por treboadas localmente fortes en toda a provincia este martes

Unha borrasca no oeste deixou choivas xeneralizadas nas horas centrais deste luns, con intensidade puntualmente...

Interceptados dous xinetes que circulaban borrachos dacabalo por zona peonil no Arde Lucus

A Policía Local de Lugo notificou ao longo do fin de semana, cando se intensificaron os...

(Vídeo) O circo romano fixo vibrar ao Arde Lucus

Como cada ano, un dos momentos máis agardados da festa do Arde Lucus é o...

Coñece navegando o corazón da Ribeira Sacra

Os canóns do Sil son un dos monumentos naturais máis impresiontantes de Galicia. Son...