InicioSucesosRescatan cinco persoas atrapadas nun ascensor avariado

Rescatan cinco persoas atrapadas nun ascensor avariado

Foi necesario forzar a porta de acceso á sala de máquinas, desde onde se manipula o funcionamento do aparello, xa que non foi posible localizar a chave, puntualizaron as mesmas fontes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cinco persoas dunha mesma familia foron rescatadas do interior dun ascensor avariado nun edificio da cidade de Lugo na noite do pasado xoves.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, ás 22,10 horas do pasado día 27 axentes do Grupo Operativo Nocturno acudiron a unha vivenda na rúa Santo Graal xa que había varias persoas atrapadas no interior dun ascensor avariado.

Unha vez no lugar, en compañía dunha dotación do servizo de bombeiros e persoal da empresa de mantemento do ascensor, procedeuse a liberar ao cinco persoas atrapadas, que resultaron ser membros dun mesmo núcleo familiar.

Para o rescate, concretou a Policía Local, foi necesario forzar a porta de acceso á sala de máquinas, desde onde se manipula o funcionamento do aparello, xa que non foi posible localizar a chave, puntualizaron as mesmas fontes.

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...