InicioSociedadeA Deputación recupera aos poucos a súa actividade cun plan de seguridade...

A Deputación recupera aos poucos a súa actividade cun plan de seguridade no traballo presencial

O ente provincial busca unha "desescalada progresiva" cara á "nova normalidade" e irá informando ao persoal das pautas de actuación e organización "con antelación" e "con garantías".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O parque móbil da Deputación de Lugo, Vías e Obras e a Granxa Gayoso Castro volven este luns á normalidade cun plan específico que garanta a seguridade no traballo presencial dos empregados públicos.

A deputada de Réxime Interior do organismo provincial, Pilar García Porto, avanzou a elaboración de plans de protección para as diferentes dependencias do ente provincial. Con este obxectivo a Deputación de Lugo busca unha desescalada progresiva cara a unha “nova normalidade”, sinalou. A institución provincial mostrouse lista para afrontar a incorporación gradual e progresiva ao traballo presencial, algo que se fará no momento en que os responsables sanitarios o fixen.

Estes plans de protección serven para que os traballadores poidan desenvolver o seu traballo presencial, con plenas garantías, durante o estado de alarma cando sexa preciso, indicaron as mesmas fontes.

Así, os empregados públicos coñecerán con antelación e tempo suficiente as pautas de actuación e organización para desenvolver con seguridade as súas funcións nos diferentes centros de traballo.

Ademais, entregaráselle ao persoal equipos de protección individual adaptados ás características do labor que realizan. Recoméndase, tamén, que os traballadores acudan aos seus postos de traballo en transporte privado e refórzase a limpeza en todas as instalacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...