InicioLugo e contornaSanción de 6.000 euros por instalar no coche un sistema de dobre...

Sanción de 6.000 euros por instalar no coche un sistema de dobre matrícula para evitar as multas

A Garda Civil de Lugo identificou a un coche cun sistema de ocultación da placa de matrícula na súa parte traseira cando circulaba pola estrada LU-160 (Mondoñedo - Ferreira).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo identificou a un coche cun sistema de ocultación da placa de matrícula na súa parte traseira cando circulaba pola estrada LU-160 (Mondoñedo – Ferreira).

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, o condutor e titular do vehículo foi proposto para unha sanción de 6.000 euros e seis puntos. Deste xeito, sinala que se culmina unha investigación iniciada “meses antes” grazas á colaboración cidadá, que levou a un condutor a informar á Garda Civil que vira un vehículo coa matrícula traseira tapada.

Unha vez interceptado o vehículo e identificado o condutor, os axentes puideron confirmar as sospeitas de que o vehículo levaba instalado un sistema que, accionado por un mando a distancia, ocultaba a matrícula traseira do automóbil, para interferir nos diferentes sistemas de vixilancia e control do tráfico (cinemómetros, radares de tramo, cámaras de cinto de seguridade e móbil, cámaras de xestión de tráfico e de aeronaves).

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...