Home Terra Chá Guitiriz Arde un tractor en Labrada por falta de persoal contra incendendios no Concello de Guitiriz

Arde un tractor en Labrada por falta de persoal contra incendendios no Concello de Guitiriz

0
Arde un tractor en Labrada por falta de persoal contra incendendios no Concello de Guitiriz
Tractor ardendo na parroquia de Labrada. / Sindicato Labrego Galego

O Sindicato Labrego Galego denuncia que o Concello de Guitiriz denegou a súa obriga de asistir á emerxencia do tractor sinistrado en Labrada aducindo que non tiñan chófer para o vehículo de extinción de lumes.

Aconteceu o pasado 17 de agosto, cando un veciño de Labrada sufriu un accidente mentres realizaba labores agrícolas nunha finca, prendendo lume no tractor que manexaba.

O veciño chamou ao 112, que derivou o aviso ao Concello de Guitiriz, o cal posúe unha carroceta de bombeiros. O consistorio guitiricense escusouse da súa obriga e polo tanto, tiveron que acudir os bombeiros de Vilalba.

O camión dos bombeiros de Vilalba non puido acceder á zona do incendio, polo que tiveron que pedir a colaboración da veciñanza e utilizar outra tactor cunha cisterna cargada de auga.

Segundo o Sindicato Labrego Galego, o normal tería sido que prestase asistencia a carroceta de bombeiros do Concello de Guitiriz.

“Non é de recibo que en pleno mes de agosto, coa tempada de alto risco de incendios aínda vixente, e nun municipio catalogado como zona de alto risco para os lumes, os medios de extinción municipais estean paralizados por falta de persoal“, conclúe o sindicato.

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here