InicioLugo e contornaLugoA Policía Local media entre unha parella que discutía por diñeiro na...

A Policía Local media entre unha parella que discutía por diñeiro na vía pública

"Non se daban os requisitos necesarios para levar a cabo ningún tipo de actuación de oficio", dixo a policía local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo mediaron entre unha parella que se atopa en trámites de separación cando discutía no exterior dun establecemento público na cidade.

Segundo relatou a Policía Local, ás 12,16 horas do mércores 12 de agosto unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasladouse á rúa Fermín Rivera despois de recibir aviso sobre unha parella que discutía no exterior dun establecemento.

Unha vez no lugar e en contacto con esta parella, que lles manifestou que estaba en trámite de separación, ambos admitiron discutir porque ela o acusaba de acceder ao seu domicilio e levar diñeiro, feito que el negou, relataron as mesmas fontes policiais.

Debido a que “non se daban os requisitos necesarios para levar a cabo ningún tipo de actuación de oficio”, por parte da forza policial, destacaron as mesmas fontes, informouse aos dous implicados dos trámites a seguir para a denuncia da subtracción de diñeiro ou dos insultos e ameazas, “segundo conveña a cada unha das partes”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...