InicioSucesosFerido un operario tras ser golpeado por unha vaca nunha explotación gandeira...

Ferido un operario tras ser golpeado por unha vaca nunha explotación gandeira de Guntín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido de consideración tras ser golpeado por unha vaca cando traballaba nunha explotación gandeira en Guntín na mañá deste martes.

Así o informou o 112, que indicou que debido ás “graves feridas sufridas” polo operario, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou un helicóptero medicalizado ata a granxa, situada na parroquia de Ferroi.

Foi sobre as 12,35 horas cando unha persoa particular alertou dos feitos ao 112 Galicia, tras o que os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) solicitou a intervención do servizo sanitario, da Garda Civil e do GES de Monterroso, que enseguida se desprazaron ata a zona para apoiar a aterraxe da aeronave medicalizada.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...