InicioComarca de MeiraBuscan a un home de Ribeira de Piquín desaparecido desde o venres

Buscan a un home de Ribeira de Piquín desaparecido desde o venres

Tamén buscan no veciño concello de Baleira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Membros da Garda Civil e de Protección Civil de Ribeira de Piquín e da Fonsagrada, xunto con veciños da zona, están a buscar a un home que está desaparecido desde o venres e que reside en Ribeira de Piquín (Lugo).

O dispositivo atópase este domingo rastrexando os montes no veciño concello de Baleira, posto que o domicilio do home desaparecido atópase preto do límite con este municipio e as informacións apuntan a que o desparecido desprazouse nesta dirección, indicou un membro de Protección Civil da Fonsagrada.

O home ten ao redor de 40 anos e a última vez que se soubo del foi o venres. O dispositivo, ao que se incorporaron varios veciños, trata de localizalo nunha zona de monte, sinalaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

A Garda Civil apunta ao factor humano no accidente mortal da A-8 en Guitiriz

A Garda Civil de Tráfico fíxose cargo da investigación do accidente do pasado venres...

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...

O PPdeG pregunta ao alcalde de Lugo se consentirá o modelo de produtividade da Policía Local

O Grupo Municipal Popular pregúntalle ao alcalde de Lugo que opinión lle merece a...