Ferido un bombeiro no polígono industrial de Rábade

O bombeiro foi atendido polos profesionais sanitarios e trasladado en ambulancia ata un centro hospitalario.

(Arquivo) Consorcio Provincial de Bombeiros
Consorcio Provincial de Bombeiros

Un bombeiro foi evacuado polos servizos sanitarios a pasada noite despois de sufrir un accidente mentres traballaba no polígono industrial de Rábade.

Ao fío das 21,30 horas, unha chamada dos bombeiros de Vilalba daba a alerta ao 112 Galicia do accidente. A situación púxose en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil e Policía Local.

O bombeiro foi atendido polos profesionais sanitarios e trasladado en ambulancia ata un centro hospitalario.