InicioSucesosCatro detidos por roubos en garaxes e coches de Vilalba durante o...

Catro detidos por roubos en garaxes e coches de Vilalba durante o confinamento

Estímase un valor de 4.500 euros entre o material subtraído e os danos causados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Garda Civil detivo a catro persoas, tres homes e unha muller, por catro roubos con forza perpetrados en edificios e vehículos da localidade de Vilalba, así como por outro de furto e de receptación de material roubado.

Segundo informou a Garda Civil, os feitos sucederon o pasado mes de marzo, en pleno estado de alarma e coa poboación confinada nas súas casas. Os supostos autores deses roubos (veciños de Lugo, Alfoz, Vilalba e Cospeito) accederon ao interior de varios garaxes comunitarios, onde forzaron as portas de rochos e vehículos.

O botín consistiu en máquinas e ferramentas de albañilería, bicicletas, documentación e uns 300 euros en efectivo.

Así mesmo, a investigación tamén os relaciona cun roubo con forza perpetrado eses días nun vehículo que estaba estacionado no Campo da Feira de Vilalba.

En total, o valor dos subtraído ascende a uns 3.000 euros, mentres que o valor dos danos provocados ascende a 1.500 euros. Parte dos obxectos roubados foron recuperados e devoltos aos seus propietarios. As persoas detidas foron postas ao dispor da Xustiza.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...