InicioSucesosDetido un condutor que tirou os conos do paseo peonil da Rolda...

Detido un condutor que tirou os conos do paseo peonil da Rolda ao circular ebrio

A Policía Local comprobou que o home nin sequera tiña o carné en vigor .

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Un condutor foi detido pola Policía Local de Lugo tras circular pola Rolda da Muralla a gran velocidade, sen carné en vigor e totalmente ebrio. Ademais de insultar os peóns, o home derrubou co seu coche os conos provisionais que delimitan o novo paseo peonil arredor do monumento romano.

Os feitos ocorreron o pasado 13 de marzo, sobre as 19:00 horas, cando varios particulares chamaron á central de comunicacións da Policía Local para avisar do comportamento temerario dese condutor na Rolda da Muralla, cuxo carril interior foi peonalizado durante o proceso de desescalada.

Axentes da Policía Local lograron interceptalo aos poucos minutos na Rúa García Abad. Ao comprobar que presentaba síntomas de embriaguez, foi sometido á correspondente proba de alcoholemia e deu unha taxa de 0,80, máis do triplo do permitido pola lei. Ademais, comprobaron que levaba encima unha bolsa de marihuana e que tiña o carné de conducir caducado desde o ano 2019.

A Policía Local instrúe dilixencias por un suposto delito contra a seguridade do tráfico. EF

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...