InicioSucesosCatro detidos, entre eles unha menor, por un punto de venda de...

Catro detidos, entre eles unha menor, por un punto de venda de drogas xa desactivado no pasado

A Policía Nacional tamén arrestou a muller responsable dunha trama de tráfico de drogas destapada logo de que unha empresa lucense recibise por erro un paquete de cocaína.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Catro persoas dun clan familiar que se dedicaba ao tráfico de drogas en Lugo foron detidas pola Policía Nacional. Entre as arrestadas, figura unha menor de idade, amais de dous homes e unha muller con antecedentes. A colaboración cidadá e as queixas veciñais e dos comerciantes sobre a “constante trasfega” de toxicómanos foi o que puxo as autoridades sobre alerta.

O dispositivo de vixilancia despregado pola Comisaría Provincial permitiu constatar que un clan familiar de Lugo puxera de novo en marcha un punto de venda de drogas que fora “desactivado” hai meses.

O marido da muller detida era o xefe da rede de venda de drogas desmantelada na anterior operación policial. El atópase fuxido da xustiza, de modo que foi a súa esposa a que retomou a actividade, co seu fillo maior como “xefe do clan”, agora tamén detido.

No rexistro domiciliario practicado pola Policía Nacional, os axentes interviñeron 150 doses de cocaína, unha balanza de precisión e máis de 4.000 euros en efectivo, ademais de múltiples obxectos supostamente procedentes de roubos —como ordenadores ou material de obra— que os compradores entregaban como pago polas drogas.

O ‘MACHUCA’

A Policía destaca que este clan empregaba a figura do “machuca” para a venda de drogas. Trátase dunha persoa que se encarga de repartir a droga ou realizar vixilancias para detectar a presenza policial nun “estado de semiescravitude”, dado que realiza ese traballo e mesmo carga co delito se a trama é descuberta a cambio “dunhas doses para o seu consumo”.

Os catro detidos quedaron en liberdade tras pasar ao dispor da autoridade xudicial.

OUTRO CASO DE TRÁFICO DE DROGAS

Por outra banda, a Policía Nacional tamén informa da detención dunha veciña de León que estaba a ser buscada dende mediados de abril, cando o erro dunha empresa de mensaxería destapou os envíos de droga que se efectuaba a si mesma dende Vigo.

Unha empresa lucense, que esperaba a chegada dun envío con documentos, recibira por erro a entrega doutro paquete, que no canto de papeis traía “dúas tabletas de cocaína”, segundo informou a Policía Nacional.

Ao decatarse do contido do paquete e superada a sorpresa inicial, os traballadores da empresa chamaron á Comisaría Provincial de Lugo para denunciar o ocorrido. Foi este o inicio da investigación que se fraguou coa detención dunha parella cómplice e, agora, co arresto da principal responsable da trama.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...