Home Lugo e contorna Lugo Detida unha lucense por un roubo en Abegondo e investigada por outro en León

Detida unha lucense por un roubo en Abegondo e investigada por outro en León

0
Detida unha lucense por un roubo en Abegondo e investigada por outro en León
Axentes de Garda Civil | ALX

A Garda Civil detivo na localidade de Lugo unha veciña deste municipio por un roubo con forza nas cousas cometido no municipio de Abegondo (A Coruña). Estas persoas, ademais, foi investigada por outro roubo en Bembibre (León).

Segundo informou o Instituto Armado, foi arrestada R.M.B., de 38 anos de idade e veciña da capital lucense, foi posta a disposición xudicial.

RECEPTACIÓN

Por outra banda, a Garda Civil detivo o pasado mércores en Lugo a A.J.M., de 42 anos de idade e veciño do Carqueixo, como presunto autor dun delito de receptación.

O presunto autor supostamente recepcionou “numerosos produtos de alimentación subtraídos do interior nunha fábrica situada na provincia de Lugo”, sinalou a Benemérita, que engadiu que esta persoa tamén pasou a disposición xudicial.

+ posts