InicioAncaresBecerreáTres mozos investigados por ameazar cunha arma branca a outra persoa en...

Tres mozos investigados por ameazar cunha arma branca a outra persoa en Becerreá

A lea comezou nun establecemento hostaleiro da localidade, pero os feitos discorreron no domicilioi da vítima.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil procedeu a investigar a tres mozos veciños de Becerreá por ameazar unha persoa no transcurso dunha pelexa cunha arma branca.

Segundo informou o Instituto Armado, os imputados son tres cidadáns de orixe romanés e de 32, 25 e 23 anos de idade, respectivamente. Están relacionados cun delito de ameazas con arma branca e outro de lesións.

Os feitos comezaron nun establecemento hostaleiro da localidade de Becerreá cando a vítima se atopaba na terraza do local. Daquela, xurdiu unha discusión por motivos que se descoñecen e os tres mozos acabaron por marchar do lugar. Porén, cando a agora vítima se atopaba no seu domiclio, os tres homes presentáronse no lugar e realizaron varias ameazas e incluso unha lea entre uns e outros.

A vítima, puntualizou a Benemérita, tivo que ser atendida no Punto de Atención Continuada (PAC) da localidade do Corgo por mor das lesións que presentaba. Mentres, as persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...