InicioSucesos(AMPLIACIÓN) Trasladadas ao HULA dúas persoas tras unha colisión en Castro de...

(AMPLIACIÓN) Trasladadas ao HULA dúas persoas tras unha colisión en Castro de Rei

O accidente produciuse na N-640, á altura de Ludrio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha colisión entre dous vehículos rexistrada na mañá deste martes no municipio lucense de Castro de Rei saldouse con dúas persoas trasladadas ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

O 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 12:00 horas deste martes. Foi un particular quen, a esa hora, avisou dun accidente na estrada de Lugo a Meira, a N-640. Ocorreu, concretamente, á altura de Ludrio, na localidade de Castro de Rei.

Nun primeiro momento o alertante asegurou que non eran necesarios os medios de excarceración pero, unha vez no punto, os servizos de emerxencia desprazados comprobaron que unha persoa estaba atrapada no interior dun dos vehículos.

Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o 112 puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba e dos axentes de Tráfico. Finalmente, os bombeiros comunicaron que cando chegaron a persoa xa fora liberada. Así mesmo, indicaron que o furgón onde se atopaba o ferido contiña botellas de gases medicinais, unha delas afectada debido ao impacto, polo que procederon a liberar o contido do recipiente.

Daquela, dúas ambulancias desprazaron os feridos ao hospital: unha de soporte vital avanzado para R.A.G., de 44 anos, e outra de soporte vital básico que levou ao mesmo centro ao mozo E.B.V., de 25 anos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...