InicioSucesosO condutor dun patinete trucado circulaba por Lugo a unha velocidade superior...

O condutor dun patinete trucado circulaba por Lugo a unha velocidade superior á permitida

Axentes da Policía Local inmobilizaron o vehículo ao non quedar acreditada a súa homologación e cumprimento da normativa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo interceptou o pasado 23 de abril ao condutor dun patinete eléctrico a unha velocidade superior á permitida (25 quilómetros por hora) e sen documentación acreditativa da homologación do artefacto.

Segundo explican dende a Policía Local, os axentes procederon a dar o alto ao condutor xa que este tipo de vehículos non poden circular a unha velocidade máis alta ca os de mobilidade persoal. Ademais, “non poden ter asento ou sillín, salvo que estean dotados de sistemas de autoequilibrado”.

O condutor non presentou “ningún tipo de documentación acreditativa da homologación do artefacto”, ao que tampouco se lle localizou “a preceptiva placa do fabricante onde consten as súas características técnicas esenciais”, abundaron fontes policiais.

Por iso, ao ter constancia a Policía Local de que “non se trata dun vehículo de mobilidade persoal que debería circular pola beirarrúa e sen exceder o paso humano” e, ao non presentar documentación para aclarar “se cumpre ou non as condicións necesarias para circular pola vía pública con seguridade para o condutor e resto de usuarios”, os axentes procederon ao seu inmobilización.

Ademais, o condutor foi denunciado por “carecer de permiso de circulación e por non ter concertado seguro obrigatorio”.

A Policía Local asegurou que o vehículo permanecerá inmobilizado “ata que o seu titular acredite que cumpre coas condicións de seguridade básicas para circular polas vías públicas”. Nese caso, advirte, “deberá ser legalizado, matriculado e asegurado”. Así, avisa de que, se non se acreditan tales circunstancias, “só poderá ser utilizado en “terreos particulares”.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...