InicioSucesosUn lucense que facía ruxido pola noite bótalle a culpa ao "teletraballo"

Un lucense que facía ruxido pola noite bótalle a culpa ao “teletraballo”

Queixas veciñais propiciaron o aviso á Policía, que finalmente interpuxo unha denuncia a un propietario da Avenida da Coruña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Un veciño de Lugo foi denunciado por axentes do grupo operativo nocturno da Policía Local por mor dos ruídos que estaba a facer no seu propio domicilio e que motivaron as queixas dos seus veciños. Con todo, o suposto infractor alegou que estaba a realizar “teletraballo nocturno”, cando os axentes se presentaron na súa casa.

Sucedeu a pasada noite -do 15 ao 16 de abril-, cando os veciños dun edificio situado na Avenida da Coruña se queixaron a través da presidenta da comunidade das molestias que lles estaba causando un dos propietarios, como consecuencia dos ruídos intempestivos que facía no seu domicilio.

Os axentes da Policía Local que se presentaron no inmoble comprobaron a “veracidade da denuncia” realizada pola comunidade de veciños e identificaron o propietario da vivenda da que proviñan os ruídos.

O home dixo que “estaba a realizar teletraballo nocturno”, pero os axentes levantaron acta por infracción da Ordenanza de Medio Ambiente por mor das molestias causadas aos seus veciños.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...

O PP provincial acusa a Carmela López de manter “as imposicións” de Tomé sobre os traballadores de Tragsa

Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade...

A Xunta nega “colapso” no HULA e atribúe a morte de dous pacientes a súa situación “moi delicada”

A área sanitaria de Lugo desmentiu que o servizo de urxencias do Hospital Universitario...