InicioPolíticaAlumnado de Relacións Laborais asistiron persoalmente a un pleno da Deputación

Alumnado de Relacións Laborais asistiron persoalmente a un pleno da Deputación

A presidenta, Carmela López, falou cos 24 alumnos e alumnas que se forman no Campus de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, saudou este martes a un grupo de 24 alumnos e alumnas, xunto a varios docentes, do Grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos do Campus de Lugo, que asistiron en directo aos Plenos ordinario e extraordinario celebrado no Pazo de San Marcos. Carmela López destacou a importancia de abrir as institucións á cidadanía, neste caso a Universidade, subliñando que “achegar a administración ao alumnado contribúe a reforzar a súa formación e fomentar unha maior cultura democrática”.

O estudantado seguiu desde a tribuna do Salón de Plenos o desenvolvemento da sesión plenaria, nunha visita que se enmarca na materia de Dereito Administrativo I. Esta actividade permitiulles coñecer de primeira man o funcionamento da administración provincial, a dinámica dos debates e o procedemento da toma de decisións.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...