InicioSucesosTres persoas viaxaban en dous vehículos por Vilalba porque "ían vender un...

Tres persoas viaxaban en dous vehículos por Vilalba porque “ían vender un coche” e “mercar un cabalo”

A Garda Civil procedeu a propoñelos para sanción ao non respectar as medidas do estado de alarma. Ademais, un dos condutores circulaba sen ter o permiso de conducir.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou e propuxo para sanción a tres persoas localizadas en dous vehículos no concello de Vilalba por incumprir o confinamento polo estado de alarma. Os individuos alegaron que ían vender un dos coches para comprar un cabalo. Ademais, un dos homes pasa a ser investigado por un delito contra a seguridade viaria ao conducir sen ter o carné.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon o fin de semana durante un control establecido no quilómetro 41 da AG-64 (Ferrol-Vilalba). Os axentes procederon a identificar os ocupantes de dous vehículos que viaxaban dirección Vilalba. Nun dos coches ían dúas persoas nos asentos dianteiros, a pesar de non estar permitido iso durante o estado de alarma.

Ao seren preguntados sobre o motivo da circulación, todos eles argumentaron “de forma coincidente e sorpresiva” que se dirixían a Cospeito para vender un dos coches nos que viaxaban e, posteriormente, mercar un cabalo en Vilalba.

Posto que tal xustificación non se atopa dentro das excepcións á mobilidade, a Benemérita procedeu á súa identificación e proposta de sanción. Ademais, comprobaron que un dos condutores, veciño de Ferrol, carecía de permiso para conducir tras serlle retirado o carné no ano 2016.

 

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...