InicioSucesosDetidas tres mulleres por roubar nunha casa de Lugo na que entraron...

Detidas tres mulleres por roubar nunha casa de Lugo na que entraron tras rebentar a fechadura

Dúas das arrestadas tiñan antecedentes por feitos similares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron a tres mulleres de 26, 23 e 20 anos veciñas da cidade de Lugo por roubar nunha vivenda.

Segundo informou a Policía Nacional, o pasado venres a media tarde recibiuse aviso dun axente fóra de servizo. Alertaba de que tres mulleres se introduciran nun domicilio da rúa Nazario Abel, en Lugo, tras romper a fechadura de acceso á casa.

Personados os indicativos de Radiopatrullas, procederon a realizar unha inspección no edificio, de dúas plantas, onde comprobaron que se forzou a porta do portal, cuxa fechadura estaba rebentada, e tamén a porta de acceso ao primeiro piso, onde estaban as mulleres que foron detidas.

Segundo explicaron as mesmas fontes policiais, a persoa propietaria do inmoble non reside aí, senón que convive con outros familiares por motivos de saúde. Así e todo, no interior do domicilio estaban as súas pertenzas.

Por todo iso procedeuse á detención e traslado das detidas ás dependencias da Policía Nacional para a súa posterior posta a disposición. Dúas das arrestadas contan con antecedentes por feitos similares.

+ posts

ÚLTIMAS

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...