InicioSucesosUn incendio calcinou parte dunha vivenda no concello do Corgo

Un incendio calcinou parte dunha vivenda no concello do Corgo

Os servizos de emerxencias rescataron un can que se atopaba no segundo andar da casa, situada en San Cristovo de Chamoso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio causou danos materiais na mañá deste mércores nunha casa de dúas plantas en San Cristovo de Chamoso, no municipio do Corgo. Afortunadamente, non hai que lamentar danos humanos. Ademais, os servizos de emerxencia lograron rescatar un can que se atopaba no segundo andar.

Os feitos sucederon nunha vivenda situada no punto quilométrico 489 da estrada N-VI. Segundo informou o 112 Galicia,  o lume calcinou o mobiliario da cociña e do salón e o fume afectou á casa na súa totalidade.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do incendio, ocorrido sobre as 10:00 horas. Logo diso, pasouse aviso aos Bombeiros de Sarria, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil. Finalmente, o lume quedou extinguido a iso das once da mañá.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...