InicioSucesosDetido un home que conducía baixo os efectos do alcol e coas...

Detido un home que conducía baixo os efectos do alcol e coas luces apagadas

Triplicaba a taxa permitida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Seguridade Cidadá detiveron en Lugo o condutor dun vehículo por un delito contra a seguridade do tráfico tras triplicar a taxa máxima de alcoholemia despois de circular coas luces apagadas e pasar en vermello un semáforo.

Segundo informou a Policía Nacional, o detido é un home veciño da localidade lucense de Guntín de 54 anos. O individuo, ás 5,00 horas da pasada madrugada, cando os policías realizaban as súas funcións habituais polas zonas de comercios e establecementos hostaleiros da cidade, observaron un vehículo que circulaba pola Avenida da Coruña, “coas luces apagadas, facendo eses e pasando os semáforos en fase vermella”.

Por iso, os policías mandáronlle parar e comprobaron como, polo cheiro, estado dos ollos e forma de falar, “estaba claramente baixo os efectos das bebidas alcohólicas”. Con todo iso, e seguindo o protocolo establecido en base á normativa, procedeuse a avisar á Policía Local para que realizase as probas de detección de consumo de alcol e/ou de sustancias estupefacientes.

Unha vez personados no lugar e realizada a primeira proba, obtivo un nivel de alcol en sangue de 0,93 mg/l, polo que foi trasladado a dependencias da Policía local para a confección do correspondente atestado. Pero nese momento negouse á realización da segunda proba, co que a Policía Nacional tivo que facerse de novo cargo da detención e tramitación do atestado por un delito contra a seguridade do tráfico.

Todo iso foi tramitado en dependencias da Policía Nacional da rúa Chantada, onde se lle facilitou servizo sanitario “xa que o seu estado físico debido ao consumo de bebidas alcohólicas estaba moi deteriorado”, indicaron as mesmas fontes.

Na mañá deste venres informouse á autoridade xudicial, mentres o detido quedou en liberdade, segundo o protocolo para este tipo de infraccións, concluíu a Policía.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...