InicioSucesosUnha muller e un menor resultaron feridos nunha colisión entre tres vehículos...

Unha muller e un menor resultaron feridos nunha colisión entre tres vehículos en Vilalba

O accidente produciuse á ultima hora da tarde deste luns 17 de febreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller e un menor recibiron asistencia sanitaria tras rexistrarse unha colisión entre tres vehículos ocorrida na noite deste luns no termo municipal de Vilalba.

Segundo informou o 112 Galicia, este sinistro ocorreu sobre as 20:10 horas deste luns no punto quilométrico 7 da estrada N-120, ao seu paso por Vilalba.

Tras o aviso dunha persoa, o CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e do Servizo Municipal de Protección Civil.

O 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico que trasladou ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo á muller M.M.C.F., de 64 anos, e a un menor.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...