InicioSucesosUn veciño de Abadín, ingresado na UCI tras ser apuñalado durante unha...

Un veciño de Abadín, ingresado na UCI tras ser apuñalado durante unha lea sobre uns cabalos

A Garda Civil detivo o presunto autor da agresión, que propinou unha navallada no abdome e outra á altura do pulmón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Abadín, de 44 anos, permanece ingresado na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) como consecuencia das dúas puñaladas que recibiu onte tras a discusión con outro veciño polo estado no que se atopaban uns cabalos.

Así o informaron fontes da Garda Civil, que apuntaron que os feitos sucederon na tarde deste domingo no concello de Abadín. O presunto autor das puñaladas, I.L.C., foi detido por un delito de lesións con arma branca, mentres que o ferido foi evacuado en ambulancia ao HULA, onde quedou ingresado por unha puñalada no abdome e outra á altura do pulmón.

Segundo relatan as mesmas fontes, a lea entre ambos homes foi intensa. Un deles teríase defendido cun obxecto contundente, mentres que o outro usou unha navalla. De feito, tamén o detido presentaba feridas, aínda que de carácter leve e como consecuencia dos golpes.

O arrestado, que pasou a disposición xudicial esta mañá en Mondoñedo, quedou en liberdade.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...