InicioSucesosDeteñen tres persoas dunha banda que roubaba en caixeiros e que subtraera...

Deteñen tres persoas dunha banda que roubaba en caixeiros e que subtraera 31.000 euros en Vilalba

O grupo organizado actuaba en localidades de todo o territorio estatal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo tres persoas dun grupo criminal especializado na subtracción de diñeiro de caixeiros automáticos que subtraera uns 31.000 euros nunha entidade en Vilalba.

Segundo información do Instituto Armado, a chamada ‘Operación Tampico’ conseguiu a detención de tres integrantes da banda nas localidades de Madrid, Barcelona e Andújar (Jaén).

Esta operación iniciouse a finais do ano 2018 tras ter coñecemento da subtracción de 31.000 euros dos caixeiros automáticos dunha entidade bancaria de Vilalba. O operativo culminou coa última das detencións deste grupo criminal o pasado 29 de xaneiro na localidade xienense de Andújar.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...