Ferido un condutor que sufriu unha saída de vía co seu vehículo en Pol

O accidnet produciuse na N-640 durante a tarde deste sábado.

Imaxe de arquivo dunha unidade medicalizada do 061 | Sergas

Un home resultou ferido esta tarde de sábado ao saírse da vía co seu turismo na N-640 á altura do quilómetro 65, no concello de Pol. Alí tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Vilalba e trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti polos servizos de Urxencias Sanitarias 061.

Dos feitos informou o 112 Galicia, que tivo constancia dos sucedido ás 16:30 horas da tarde, cando os axentes da Garda Civil de Tráfico chamaron os servizos de emerxencias para avisar de que a persoa afectada “necesitaba axuda para abandonar o vehículo”.

De inmediato, o 112 Galicia alertou a todos os servizos de emerxencias anteriormente mencionados, aos membros de Protección Civil e do servizo de mantemento da vía.

Unha vez no lugar do sinistro, os bombeiros fixeron uso do material de excarceración para liberar ao único implicado no accidente que, finalmente, puido ser evacuado en ambulancia ao centro hospitalario.