Un accidentes de tráfico en Monterroso deixa dúas persoas feridas

Imaxe de arquivo dunha unidade medicalizada do 061 | Sergas

Unha colisión entre vehículos na estrada de Monterroso ocorrida na tarde deste sábado sáldase con dúas persoas feridas. O sinistro produciuse na LU-212, concretamente no punto quilométrico 7.

O 112 Galicia, segundo indica, tivo constancia dos feitos a través dunha persoa particular ao fío das 12,30 horas. A partir dese momento, os xestores pasaron o aviso aos bombeiros de Chantada, a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Monterroso.