InicioSucesosUn ferido grave nunha colisión entre catro vehículos en Vilalba

Un ferido grave nunha colisión entre catro vehículos en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home duns sesenta anos de idade resultou ferido de gravidade esta tarde nun aparatoso accidente de circulación no que se viron implicados catro turismos no municipio lucense de Vilalba.

Segundo informaron fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil, o sinistro produciuse na carrtera provincial LU- P-6502 (Vilalba- Chavín), no quilómetro 3,500, sobre as 18:25 horas desta tarde.

Os primeiros indicios apuntan a que un dos condutores implicados perdeu o control do turismo e acabou chocando contra outros tres coches que circulaban en sentido contrario.

Por mor desa situación, produciuse unha colisión frontolateral, co resultado dun ferido grave e outro de carácter leve.

Ambos foron atendidos no punto polos servizos de emerxencias e evacuados en ambulancias do 061 ao HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...