InicioLugo e contornaLugoXulgado en Lugo por supostamente "sodomizar" e "ameazar cunha pistola" a unha...

Xulgado en Lugo por supostamente “sodomizar” e “ameazar cunha pistola” a unha menor

Os feitos tiveron lugar no 2015, cando a menor tiña 15 anos. Actualmente, está en paradoiro descoñecido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ausencia dunha vítima de agresión sexual, cando era menor de idade, que está en “paradoiro descoñecido”, ante o tribunal da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo non impediu a celebración do xuízo contra o presunto agresor, de nacionalidade brasileira, que negou os feitos.

O presidente do tribunal, ao comezo da vista, sinalou que a muller se “atopa en paradoiro descoñecido” e apuntou que había “distintas versións” non oficiais que a situarían en Suíza. Pese ao contratempo, non foi un obstáculo para que se renovase este xuízo, xa suspendido fai máis dun mes polo mesmo motivo, que se levou a cabo lendo o maxistrado presidente a declaración da suposta vítima ante a xuíza instrutora.

Nese testemuño, a moza relataba como mantivera relacións co home que a obsequiaba con “raias de cocaína” ou lle daba 20 euros despois de ter sexo. Nunha desas escapadas furtivas a un hotel do arrabalde da cidade de Lugo, segundo se puxo de manifesto no xuízo, o procesado “supostamente a sodomizara” a pesar das protestas da moza que despois llo comunicou á súa nai. Noutra das ocasións supostamente ameazouna cunha pistola para que non contase nada.

Na vista, celebrada sen a vítima, tanto Fiscalía como acusación particular elevaron a definitivas as súas conclusións, tamén a defensa que interesa a libre absolución aínda que co matiz de que se teñan en conta as atenuantes de “dilacións indebidas” e consumo de drogas.

PETICIÓN DE PENA

O home que na vista anterior negou agredir á menor en 2015 e que negou tamén posuír ningunha arma, enfróntase a unha petición da Fiscalía de 16 anos de prisión, 13 por un delito contra a liberdade sexual e tres máis por retención ilegal.

A acusación particular, que solicita o mesmo que a fiscala, e que representa á nai da moza, nacida en 2000, recoñecía que a presunta vítima “a pesar de estar citada non foi localizada”. “Entón o que faremos é solicitar a inclusión das declaracións sumariais”, sinalou, como ocorreu finalmente xa na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

A avogada Eva Soilán dixo descoñecer se a moza está no país ou fóra do país. “Non sabemos, está en paradoiro descoñecido”, admitiu, pero dixo que “era moi importante a declaración dela”. “Pero tentaremos que as declaracións sumariales que constan sexan tidas en conta para fundamentar a acusación”, ratificou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...