InicioSucesosMorre atropelado un home cando camiñaba sen chaleco pola Autovía A-6 en...

Morre atropelado un home cando camiñaba sen chaleco pola Autovía A-6 en Begonte

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Viveiro de 50 anos perdeu a vida tras ser alcanzado por un turismo cando camiñaba pola Autovía do Noroeste (A-6), á altura do termo municipal de Begonte.

Segundo informaron a Efe fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, o accidente produciuse a última hora da tarde de onte á altura do quilómetro 511.2, preto da saída de Rábade da autovía A-6.

Por causas que aínda se descoñecen, o home ía camiñando sen chaleco nin outra peza reflectora en sentido A Coruña, de modo que viñan de fronte os vehículos que circulaban en dirección Madrid. O atropelo produciuse preto da mediana, no carril esquerdo do sentido correcto da marcha.

Até o lugar do sinistro desprazáronse os servizos de emerxencias, pero nada puideron facer por salvar a vida do peón falecido.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...