InicioSucesosUnha meniña de dous anos rescatada tras quedar pechada nun coche en...

Unha meniña de dous anos rescatada tras quedar pechada nun coche en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo rescataron a unha nena de dous anos que se quedou pechada no coche do seu pai, cando este se baixou do vehículo para atender “unha indisposición” da menor.

Segundo informou a propia Policía Local, un home presentouse ás 11:30 horas na comisaría deste corpo para pedir axuda, porque tras estacionar na Rúa das Artes o seu vehículo para atender “unha indisposición da súa filla de dous anos”, se lle activara o sistema de peche do vehículo coas chaves dentro”.

Até o lugar indicado de desprazaron inmediatamente efectivos da Unidade de Atestados, que tentaron abrir as portas do vehículo “con varias técnicas” para acceder á menor, que estaba sentada no sistema de retención infantil colocado no asento traseiro do vehículo.

Ao ver que os seus intentos non daban resultados e que “a nena volvía porse indisposta”, finalmente os axentes optaron por “romper o cristal dianteiro esquerdo”, que era o máis apartado da menor. Así lograron acceder ao interior do vehículo e rescatar á nena.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...