InicioSucesosDetidos dous individuos en Lugo por roubos e un terceiro por estafa...

Detidos dous individuos en Lugo por roubos e un terceiro por estafa na compravenda de vehículos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Lugo, pertencentes á Brigada de Policía Xudicial, levaron a cabo dúas detencións por roubos e unha terceira por estafa na compravenda de vehículos.

Segundo informou a Policía Nacional, por unha banda esclareceuse o roubo con forza nun bar da rúa Ortega e Gasset da cidade de Lugo. Os feitos ocorreron o pasado día 18 de madrugada, cando un individuo entrou no local e forzou a máquina comecartos e a de tabaco. En concreto, levou diferentes obxectos como un portátil e uns 300 paquetes de tabaco e en metálico uns 300 euros.

Doutra banda, tamén o Grupo de delitos contra o patrimonio da Brigada de Policía Xudicial esclareceu os feitos ocorridos os días 2, 13 e 16 deste mes, nos que outro home que subtraera diferentes obxectos en interior de vehículos, entre eles cartóns de crédito, fixo un uso fraudulento dos mesmas, co cal se lle buscaba por un delito de estafa e usurpación do estado civil.

TERCEIRA DETENCIÓN

Mentres, o Grupo IV, Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Brigada de Policía Xudicial detivo a outro veciño da cidade por un delito de estafa na compravenda de vehículos. Este home xa estivera implicado en feitos similares e en días pasados fora detido un dos seus socios por estes mesmos feitos.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...