InicioSucesosDetidos dous mozos en Lugo por ameazar e roubar a un menor

Detidos dous mozos en Lugo por ameazar e roubar a un menor

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron este martes a dous mozos, un deles menor de idade, acusados dun roubo con violencia e intimidación a outro mozo.

Os feitos remóntanse ao pasado día dezaoito de agosto, cando se personou en dependencias policiais un menor acompañado dos seus pais para presentar denuncia por uns feitos ocorridos na rúa Bispo Aguirre.

Segundo contou, mentres camiñaba pola rúa cuns amigos, achegáronselle tres mozos, que lle pediron que lles entregase o diñeiro. Ao negarse, un dos detidos ameazouno con agredilo suxeitando co seu puño un chisqueiro que levaba.

Chegado a este extremo, o denunciante colleu a súa carteira e entregoulles o diñeiro que tiña, mentres outro dos atacantes intimidaba ao acompañante para que lle entregase todo o que levaba. O roubo foi interrompido por uns viandantes.

Un dos detidos, o maior de idade, xa estivera implicado en feitos da mesma natureza en ocasións anteriores, segundo explicou a Policía.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

A Deputación recibe aos promotores do Foro Galicia-Asia

  Os Deputados de Promoción Económica e Social e Muller e Igualdade, Pablo Rivera Capón...

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...