InicioSucesosA familia de Tatiana séntese "aliviada" ao ratificarse a condena polo asasinato...

A familia de Tatiana séntese “aliviada” ao ratificarse a condena polo asasinato da moza

O Tribunal Supremo confirmou os 27 anos de prisión para Ibrahima Ndiaye.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O avogado Pablo Freire, acusación particular da familia de Tatiana Vázquez, asasinada en Lugo en abril de 2016, afirmou hoxe que os seus familiares se senten “aliviados” pola resolución do Tribunal Supremo (TS), que ratifica a condena ao seu exmozo Ibrahima Ndiaye.

O TS desestimou o recurso de casación interposto pola defensa de Ndiaye contra a sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Lugo, que o condenara a 27 anos de prisión por asasinar e maltratar de forma habitual a Vázquez, natural de Castro de Rei.

A decisión xudicial do TS “alivia en certa medida aos seus pais”, pero “non lles devolve á súa filla”, afirmou o letrado en declaracións a Efe. A nai de Tatiana, Manuela, “viu o que estaba a pasar e non puido poñerlle freo, ata que ao final sucedeu o que non se quería”, dixo o avogado.

O xurado popular considerou probado, en outubro pasado, que o acusado mantivo unha actitude despectiva cara á vítima durante a relación. Falaba de “insultos”, “illamento” social e familiar, ademias de continuos menosprezos. Segundo os membros do tribunal, asestou ata 54 coiteladas á moza no interior do seu vehículo. A maior parte delas, din, foron “de escasa entidade”, de modo que se aumentaba “intencionadamente” a dor da vítima.

A decisión do TS “referenda, dá ciencia e fe do bo labor realizado polo tribunal do xurado nun xuízo moi complicado”, porque había que probar a autoría dun asasinato sen probas directas, segundo o avogado.

Ndiaye tivo tempo suficiente para “facer desaparecer calquera proba de ADN” que puidese incriminalo ou relacionalo dunha forma directa co asasinato. Incluso puido facer o mesmo coa “arma homicida”, o coitelo ou navalla coa que foi apuñalada a nova. Este instrumento nunca chegou a aparecer. Aínda así, o xurado fixo un “labor meticuloso, preocupado e extremadamente brillante”, que foi ratificado primeiro polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e agora polo TS, concluíu. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...