InicioSucesosDetido un veciño de Lugo que se facía pasar por instalador de...

Detido un veciño de Lugo que se facía pasar por instalador de Internet para roubar nas casas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Lugo como presunto autor dun delito de furto continuado en vivendas habitadas entre os meses de febreiro e marzo.

Segundo informou o Instituto Armado, foi detido un home de 41 anos de idade como presunto autor dun delito continuado de furto en vivendas habitadas, ocorridos entre os meses de febreiro e marzo en varios domicilios situados en Lugo.

O presunto autor aproveitaba a súa condición de operario instalador de Internet para furtar xoias e diñeiro do interior das vivendas onde realizaba os traballos, vendendo posteriormente as xoias en locais de compravenda de ouro, relataron as mesmas fontes.

Ao arrestado fóronlle intervidas diversas xoias, que foron recoñecidas polos seus lexítimos propietarios e postas á súa disposición. Mentres, a persoa detida pasou a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...