InicioSucesosA nai investigada pola morte da súa filla en Muimenta continúa ingresada...

A nai investigada pola morte da súa filla en Muimenta continúa ingresada no hospital

A propia titular do Xulgado de Vilalba trasladouse ao hospital para tomarlle declaración pero a muller negouse a declarar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nai da nena de sete anos que apareceu morta na súa cama, na localidade lucense de Muimenta, o pasado 3 de maio, permanece aínda ingresada no HULA, á espera de que o seu estado de saúde permita o seu traslado a un centro penal.

A xuíza decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para a muller como investigada por un suposto delito de homicidio ou asasinato. Segundo informou a Efe a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, “non hai ningunha novidade” de momento no que se refire ao estado da muller.

“De momento segue no hospital“, precisou, e serán “os médicos” que a atenden os que determinarán cando está “en condicións” para o seu traslado “á penitenciaría”. Sobre a causa pesa aínda o segredo de sumario, de modo que non transcenderon máis datos sobre as circunstancias da morte da pequena por canles oficiais.

Aínda que a muller non recibiu a alta médica, a propia titular do Xulgado de Vilalba trasladouse ao hospital para tomarlle declaración, pero en presenza dun avogado nomeado para o seu defensa, a investigada acolleuse ao seu dereito a non prestar testemuño.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...