InicioLugo e contornaLugoEvacuados con queimaduras dous operarios dunha fábrica de madeiras de Lugo debido...

Evacuados con queimaduras dous operarios dunha fábrica de madeiras de Lugo debido a un incendio

Os feitos ocorreron nunha fábrica situada no punto quilométrico 1 da estrada LU-546, uns minutos despois da medianoite.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous traballadores dunha fábrica de madeiras situada en Santa Comba en Lugo foron trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) con queimaduras de diversa consideración despois de declararse un incendio no interior da nave.

Segundo informou o 112 Galicia, arderon dous silos que contiñan labra, un deles explotou e os servizos de emerxencia baleiraron o outro. Os feitos ocorreron nunha fábrica situada no punto quilométrico 1 da estrada LU-546, uns minutos despois da medianoite.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar da situación. Tras iso, pasouse o aviso ao 061, aos Bombeiros de Lugo, á Policía Nacional e á Policía Local.

Xa no lugar do incendio, os servizos de emerxencia traballaron arreo, destacaron as mesmas fontes do 112, para controlar a situación e atallar o lume, que quedou sufocado sobre as 7,10 horas deste domingo.

Tamén, por parte do 112 Galicia informouse do ocorrido á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lugo e aos Bombeiros de Sarria.

Ademais, o 112 concretou que durante a tarde do sábado tivo lugar un incendio nun dos silos afectados, polo que foron mobilizados os Servizos de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...