InicioTerra CháCastro de ReiMorre un dos grandes loitadores antifranquistas de Lugo

Morre un dos grandes loitadores antifranquistas de Lugo

Darío Rivas era fillo do alcalde de Castro de Rei, fusilado no 36, e primer corpo en ser exhumado en Galicia. "O de España non se pode comprender, que demorase tantos anos en axuizar aos crimes da guerra", dicía nun acto en 2014.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tiña 99 anos e unha vitalidade a proba de bombas. Este 15 de abril morría en Bos Aires Darío Rivas, un dos grandes loitadores antifranquistas da provincia de Lugo.

De feito, Rivas estableceuse en Arxentina logo do acontecido en España pola barbarie franquista que tamén asasinou ao seu pai, Severino Rivas, alcalde de Castro de Rei. Tal foi a súa insistencia en que se fixera xustiza que en 2010 presentou nun xulgado de Arxentina a primeira querela para que se investigase ao franquismo por delitos de lesa humanidade.

E esta insistencia deu os seus froitos. Severino Rivas foi a primeira vítima do franquismo exhumada en Galicia. A Federacion de Asociacións Galegas da República Arxentina (FAGRA) lamentou profundamente o seu falecelemento. “Obtivo en vida o que buscou, atopar ao seu pai, pero foi a por máis e acompañou ao resto dos querelantes. Era o faro e exemplo de todos, é o que nos seguirá mobilizando en busca de xustiza”, apunta esta entidade nun comunicado.

A súa denuncia na Arxentina, xunto ao de Inés García Folgado, deu pé ao histórico proceso xudicial iniciado en Arxentina o 14 de abril de 2010, que denunciaba criminalmente ao Estado español polos delitos de xenocidio e lesa humanidade cometidos polo franquismo entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977.

COMPROMISO ANTIFRANQUISTA

Darío Rivas foi un home comprometido tamén coa memoria do exilio galaico, colaborando constantemente co Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA) Francisco ‘Paco’ Lores e doando bibliografía, obxectos persoais, instrumentos musicais e mesmo unha peza de cerámica de Sargadelos deseñada por Luís Seoane.

De feito, a FAGRA homenaxeou en vida a este loitador incansable, sempre disposto a cooperar con quen padeceron os atropelos dunha ditadura que el sufriu en carne propia. O 14 de abril de 2014 fixo entrega a Rivas Cando dunha placa homenaxe “pola súa inclaudicable loita contra o franquismo”. “O home que derrotou á ditadura franquista”, rezaba precisamente o texto gravado nesta distinción que o dirixente recibiu emocionado nun multitudinario acto no Teatro Bambalinas.

“O de España non se pode comprender, que demorase tantos anos en axuizar aos crimes da guerra”, dixo o activista naquela ocasión, remarcando que “en España se segue gobernando coas leis de Franco e o goberno segue baixo unha monarquía, esclavizando ao pobo como ocorre desde tempos inmemoriais”.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...