InicioLugo e contornaO PSOE denuncia "irregularidades" no censo electoral de Rábade e a OCE...

O PSOE denuncia “irregularidades” no censo electoral de Rábade e a OCE anula 15 posibles votantes

A OCE determina que esas persoas non residen no municipio ou que non puideron verificalo, así que deberán votar na súa anterior circunscrición electoral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Oficina do Censo Electoral (OCE) anulou 15 posibles votantes en Rábade tras unha impugnación presentada esta semana polo PSOE, que solicitaran a invalidación do censo para as eleccións xerais “polo incremento de residentes significativo e inxustificado no último semestre de 2018”.

Segundo informaron os socialistas de Lugo nun comunicado, “a OCE explica na resolución que o Concello de Rábade (gobernado por un grupo de independentes), tras as investigacións realizadas, determinou que 15 persoas non residen no municipio ou non puideron verificar a súa residencia”. Como consecuencia, “a OCE decidiu retrotraer estes cidadáns á súa anterior circunscrición municipal, polo que non poderán votar no Concello de Rábade”.

O PSOE informou de que “as persoas afectadas teñen a posibilidade de presentar un recurso contencioso administrativo nun prazo de cinco días”. Ademais, os socialistas valoraron “positivamente” o ditame da OCE xa que “asegura a integridade nas votacións para as eleccións xerais”, e lamentaron que se produzan unhas irregularidades que “ensucian a imaxe da política”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...