InicioLugo e contornaLugoO proxecto de construción da residencia de maiores de Lugo vai ben,...

O proxecto de construción da residencia de maiores de Lugo vai ben, segundo a Xunta

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou este martes en Lugo que a construción da futura residencia de maiores da cidade, dotada con 120 prazas, está en proceso de tramitación administrativa e segue “os prazos previamente establecidos”, porque a mediados de maio finalizará o concurso de ideas para a redacción do proxecto

“Forma parte do plan anunciado polo presidente da Xunta de Galicia, o plan ‘Como na casa’, que consiste na construción de sete grandes residencias nas sete principais cidades de Galicia“.

A titular de Política Social lembrou que “aquí en Lugo será construída unha residencia de 120 prazas e os prazos avanzan” de acordo co cronograma “establecido” polo goberno galego.

“Neste momento estamos coa demolición e coas primeiras obras no Hospital Xeral”, onde será construída a futura residencia de Lugo, e “tamén está en marcha o concurso de ideas para a redacción dos anteproxectos”.

“Estamos a cumprir cos prazos previamente establecidos”, insistiu a conselleira.

Nese sentido, precisou que o prazo para finalizar o concurso de ideas termina “a mediados de maio”.

García fixo estas declaracións nun acto de precampaña do Partido Popular de Lugo, onde acudiu para arroupar ao candidato á Alcaldía, Ramón Carballo, que hoxe se reuniu con medio centenar de organizacións sociais da cidade.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...