InicioSociedadePrisión provisional para a muller detida por acoitelar presuntamente outra á saída...

Prisión provisional para a muller detida por acoitelar presuntamente outra á saída dun pub en Lugo

A vítima sufriu unha ferida preto do pescozo tras unha pelexa na zona de Marina Española, aínda que o seu estado non reviste gravidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para a muller detida esta fin de semana en Lugo por acoitelar presuntamente outra á saída dun pub durante a madrugada do sábado tras unha pelexa. A xuíza acordou esta medida mentres continúa a investigación dos feitos, que se seguen como un caso de tentativa de homicidio.

A agresión produciuse sobre as 05.30 horas na zona de Marina Española. O 112 recibiu o aviso dunha persoa que alertou de que unha muller precisaba asistencia sanitaria tras ser atacada cunha arma branca. Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Nacional, que localizaron e detiveron a presunta autora da agresión. A vítima sufriu unha ferida preto do pescozo e tivo que recibir puntos de sutura, aínda que o seu estado non reviste gravidade.

No incidente víronse implicadas dúas mulleres, unha de nacionalidade venezolana e outra colombiana, con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos. Tras o acoitelamento, a presunta agresora abandonou inicialmente o lugar dos feitos, aínda que posteriormente comunicou onde se atopaba e foi localizada e detida polos axentes na avenida Ramón Ferreiro.

Durante a intervención policial tamén foi detida outra persoa, que tentou impedir de maneira violenta a actuación dos axentes. Finalmente, foi arrestada por un presunto delito de resistencia e desobediencia á autoridade, aínda que quedou en liberdade ás poucas horas. Ademais, dous axentes da Policía Nacional tiveron que intervir para acougar a situación no medio dun numeroso grupo de persoas que se atopaba na zona no momento dos feitos. A investigación continúa aberta para esclarecer as circunstancias da agresión, aínda que as primeiras hipóteses apuntan aos celos como posible móbil.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...