InicioSociedadeGalicia en dobre alerta meteorolóxica: treboadas violentas e onda de calor extrema

Galicia en dobre alerta meteorolóxica: treboadas violentas e onda de calor extrema

Alerta laranxa por treboadas e choivas na montaña de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, activou para esta tarde a alerta laranxa por treboadas e choivas na montaña de Lugo, un episodio meteorolóxico que afectará a 14 municipios da zona. Ao mesmo tempo, estes concellos forman parte dos 109 incluídos no nivel vermello de avisos polo impacto das altas temperaturas sobre a saúde, no contexto da onda de calor que afecta Galicia.

Segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso por treboadas estará vixente desde as 15.00 horas ata a madrugada do domingo. Espéranse precipitacións que poderán acadar os 30 litros por metro cadrado nunha hora, acompañadas de sarabia de gran tamaño e refachos de vento moi intensos, o que podería provocar incidencias puntuais.

Paralelamente, xa estaba prevista a suspensión das actividades deportivas federadas e do programa Xogade no exterior na montaña de Lugo desde o mediodía, debido á alerta vermella por calor. Os municipios afectados e os horarios de vixencia poden consultarse na web de Deporte Galego, mentres a Xunta recomenda extremar as precaucións, evitar desprazamentos innecesarios e informarse previamente do estado das estradas.

No referente á onda de calor, Galicia mantén 109 municipios en nivel vermello, 55 en laranxa e outros 109 en amarelo. Segundo Meteogalicia, a entrada dunha masa de aire moi cálida procedente do norte de África, xunto co ceo despexado e a forte insolación, provocará temperaturas que poderían superar os 39 graos en varias zonas do interior, especialmente en Lugo e Ourense.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...