InicioLugo e contornaLugoIntegrantes da Praza de Abastos piden unha reunión co novo goberno local

Integrantes da Praza de Abastos piden unha reunión co novo goberno local

Moitos deles tiveron que pechar os seus establecementos situados na Praza de Abastos debido ao volume da música dunha actividade autorizada polo anterior equipo de goberno municipal

PUBLICADA O

- Advertisement -

Responsables de locais da Praza de Abastos e do Mercado de Quiroga Ballesteros de Lugo pediron unha reunión co novo goberno municipal para estudar as melloras necesarias nos devanditos espazos.

Nun comunicado, placeiros criticaron que o pasado sábado, moitos deles tiveron que pechar os seus establecementos situados na Praza de Abastos debido ao volume da música dunha actividade autorizada polo anterior equipo de goberno municipal, “que facía insoportable a estancia na Praza e disuadía a posibles clientes de acceder ao recinto”.

Con todo, non culpan á organización do evento, “que simplemente pediu un permiso que se lle outorgou”, pero si ven “difícil” enmarcar esa iniciativa “nunha acción de promoción da Praza de Abastos”.

“Esta situación non é nova, a pesar de que viola o recolleito na actual ordenanza reguladora da Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros, e é síntoma dos moitos problemas que os industriais da Praza e o Mercado afrontan día a día sen que o Concello recollese as súas queixas, demandas ou suxestións”, lamentaron, esperando que esta situación cambie coa chegada do novo goberno local.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...