InicioSociedadeCastro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

Será este domingo, 5 de abril, día no que tamén haberá Feira de produtos locais durante toda a xornada. Como actividades paralelas salientar un roteiro cultural, unha actuación de maxia para a cativada e música tradicional con 'Castro Candaz' de Chantada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición mantendo a liña de traballo e programa das anteriores, se ben, nesta ocasión non haberá pregón. Segundo indican dende a organización, estaba previsto que o fixera un veciño que está en Londres pero ao final non pode asistir.

Está prevista a asistencia de 12 postos de produtos locais e artesanía, contando ademais con dúas demostracións de artesanía en vivo ao longo da xornada dominical. A ambientación musical correrá a cargo do grupo tradicional de Chantada, ‘Castro Candaz’, e a actividade para a cativada, programada para as 17:00 h., consistirá nunha actuación de maxia a cargo do mago David Méndez.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...