InicioSociedadeLocalizan un foco de vertedura de gasóleo no casco urbano de Chantada

Localizan un foco de vertedura de gasóleo no casco urbano de Chantada

As tarefas de detección complícanse pola confluencia de varios regatos na zona afectada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Distintos organismos investigan a orixe dun vertido “pequeno, pero continuo” de gasóleo detectado este venres no río Asma, ao seu paso por Chantada. Segundo informou o Concello, o foco localizouse no aliviadoiro de augas pluviais que baixa desde a praza de Santa Ana por Xoán XXIII, aínda que polo momento non foi posible identificar o punto exacto de inicio. O forte cheiro a combustible alertou da situación, o que levou á administración local a activar un dispositivo no que participan a Policía Local, o Seprona e técnicos da Confederación Hidrográfica.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, explicou que as tarefas de detección son “complicadas” debido á confluencia de varios regatos na zona, aínda que descartou afeccións á fauna e á flora do río. Ademais, o Concello contactou coas empresas distribuidoras de gasóleo da localidade sen detectar incidencias recentes. O rexedor tamén negou as críticas da plataforma veciñal Por Chantada sobre unha suposta falta de coñecemento por parte da Confederación Hidrográfica, asegurando que ese mesmo día estaba asinando un convenio de colaboración para mellorar a canalización das augas pluviais.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...