InicioSociedadeAvance de cartel do Caudal Fest 2026

Avance de cartel do Caudal Fest 2026

Lori Meyers, Siloé, Pignoise ou La La Love You son algúns dos grupos que adiantou a organización e dende o venres 21 están xa á venda os abonos para o 18 e 19 de setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ‘Caudal Fest’, evento que segue en ascenso ata posicionarse como o terceiro festival máis importante de Galicia, consolídase xa como un referente musical a nivel peninsular. Co entusiasmo do éxito da última edición, presenta xa un avance de cartel para os días 18 e 19 de setembro.

“A importancia de que o festival se celebre en Lugo segue sendo clave”, refiren dende a organización. Desde a súa primeira edición, a cidade foi moi importante para o Caudal Fest, ofrecendo un marco inigualable para a música en directo e fortalecendo a conexión entre cultura, cidade e público.

AVANCE DE CARTEL CAUDAL FEST 2026

Entre os primeiros nomes confirmados atópanse Lori Meyers, a emblemática banda granadina de indie-rock, coñecida polas súas melodías pegadizas e directos cheos de enerxía que marcaron a varias xeracións; Siloé, procedente de Castela e León, que combina pop e rock con letras introspectivas e emocionantes que conectan profundamente co seu público; Pignoise, veterana do pop-rock español que marcou a varias xeracións cos seus himnos; La La Love You, que mestura pop punk e humor cun directo cargado de diversión; e Sexy Zebras, coñecidos pola súa forza escénica e o seu potente son rock alternativo.

Pero non remata aí a cousa, tamén se anuncian: Taburete achega o seu estilo próximo e coreable, combinando pop, rock e ritmos latinos; Barry B que mestura pop e electrónica de maneira innovadora; Sanguijuelas do Guadiana, formación que destaca pola súa enerxía e estilo único dentro do rock independente; Besmaya, destacando coa súa voz, sensibilidade e frescura; Anni B Sweet, artista coñecida pola súa delicadeza vocal e a intensidade emocional das súas composicións; e Inazio cativando cun directo intimista e un estilo que mestura xéneros de maneira sorprendente.

COLABORACIÓNS INSTITUCIONAIS

Caudal Fest conta co apoio institucional do Concello de Lugo, formando parte da campaña “Lugo, Parte Do Teu Camiño”, que busca poñer en valor a cidade como destino cultural e turístico. Ademais, conta coa colaboración da Deputación de Lugo e, como non podía ser doutra maneira, do Turismo da Xunta de Galicia, integrándose na programación oficial de Concertos do Xacobeo, reforzando así o seu papel como evento cultural de primeiro nivel en Lugo e contorna.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...