InicioSociedadeO Supremo ratifica a expulsión dun garda civil de Lugo condenado por...

O Supremo ratifica a expulsión dun garda civil de Lugo condenado por maltratar á súa parella

A Sala do Militar do Tribunal Supremo fai fincapé no "grao de afectación proxectado sobre o servizo, a imaxe, prestixio e bo nome do Benemérito Instituto".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Militar do Tribunal Supremo ditou unha sentenza na que ratifica a resolución do Ministerio de Defensa de apartar do servizo a un axente da Garda Civil de Lugo que fora condenado por maltratar á súa parella. A sentenza ten data do pasado 2 de outubro e desestima o recurso do garda civil, que ten unha condena en firme por un delito continuado de ameazas e outro de violencia habitual. Os feitos aos que alude o documento xudicial dan por probado que o home, dentro dun vehículo oficial do que facía uso pola súa condición de garda civil, tivo unha discusión cunha muller que entón era a súa parella, á que tirou do pelo e propinou unha puñada nunha perna, causándolle un hematoma.

Neste punto, segundo o relato da sentenza, a muller decidiu pór fin á relación, aínda que aínda tiveron contactos posteriores. Ademais, desde a ruptura, apúntase que o home “con ánimo de infundirlle medo”, envioulle “múltiples mensaxes” nos que se reflicte o uso de expresións como “ti tranquila, zorra de merda” ou “non descansarei ata verche arrastrada”. Tamén se constata que, valéndose do uso do contrasinal que tiña polo seu posto de traballo, accedeu a bases de datos “co fin de obter información persoal” da vítima.

DANO Á IMAXE, PRESTIXIO E BO NOME DA BENEMÉRITA

A sentenza reflicte como se desestiman os distintos argumentos do recurso –por exemplo, o home chegou a argumentar que o caso se publicou na prensa local sen que causase “alarma”— e cuestións formais. E conclúe que se entende que a sanción disciplinaria de separación do servizo “resulta plenamente conforme e adecuada aos principios de proporcionalidade e individualización”. Non en balde, faise fincapé no “grao de afectación proxectado sobre o servizo, a imaxe, prestixio e bo nome do Benemérito Instituto”.

Tamén se refire á “intensidade do incumprimento dos deberes inescusables propios” da condición de garda civil e militar do home, así como “dos máis elementais e primordiais principios e normas de actuación” dos membros do Instituto Armado, para concluír que todo iso demostra “a incompatibilidade do expedientado” para seguir no Corpo da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...