InicioSociedade'Hkoffee', da empresa lucense Himikode, estará presente na maior feira mundial do...

‘Hkoffee’, da empresa lucense Himikode, estará presente na maior feira mundial do sector Horeca

Trátase dunha innovadora tecnoloxía que dixitaliza cafeteiras e muíños, permitindo a tostadores e distribuidores un control preditivo e eficiente dos seus equipos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa tecnolóxica lucense HimiKode foi seleccionada para participar en Host Milano 2025, que se celebrará en Milán, Italia, do 17 ao 21 de outubro. Esta feira internacional é o principal punto de encontro para os profesionais de hoteis, restaurantes e cafeterías de todo o mundo.

HimiKode, creada e desenvolvida en Lugo, ofrece a solución IoT Hkoffee que dixitaliza cafeteiras e muíños, permitindo a tostadores e distribuidores un control preditivo e eficiente dos seus equipos. A súa tecnoloxía universal permite anticipar avarías, optimizar custos e mellorar a calidade do café servido. Na súa caseta A56 no Hall 12, HimiKode mostrará esta innovadora tecnoloxía que xa está a transformar o mercado internacional e posiciona a Lugo como un referente tecnolóxico emerxente na industria HORECA.

“Estamos moi orgullosos de representar a Lugo en Host Milano 2025 e demostrar como a innovación local pode impactar e liderar nun sector global e competitivo”, afirma Noemí Rodríguez, CEO & Foounder de HimiKode. Este evento supón un fito para a empresa e para a cidade, que segue apostando pola internacionalización e o desenvolvemento tecnolóxico dos seus negocios.

HIMIKODE

HimiKode é unha empresa de tecnoloxía situada en Lugo que desenvolve solucións IoT para o sector do café no canle HORECA, conectando máquinas e proporcionando datos en tempo real para mellorar o mantemento, vendas e calidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home que deambulaba alterado cun coitelo con restos de sangue

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer o sucedido tras a...

Cortes durante case dúas semanas un tramo da estrada LU-P-2604 entre Xove e Valcarría

A Deputación de Lugo informou de que desde este luns, 7 de setembro, e...

A Deputación aproba case 400.000 euros para O Incio, A Ribeira de Piquín e o seu parque móbil

A Deputación de Lugo aprobou novos investimentos por preto de 400.000 euros destinados a...

Licitada a construción de 168 vivendas públicas en Lugo por case 30 millóns, destinadas á compra

A Xunta sacou este venres a licitación por 29,6 millóns de euros as obras...